wwO Concello de Ferrol, a través da concellería de Marca Ferrol, co apoio da Xunta de Galicia, organiza IlustraciónArte, un festival onde as distintas disciplinas artísticas convértense en protagonistas dos espazos emblemáticos do Ferrol da Ilustración.
O festival IlustraciónArte producido polas productoras Run-Rum Axencia e Jarabe, aposta pola calidade frente a cantidade.
Utilizando como ingrediente principal algunha das xoias patrimonias da ilustración Ferrolá, IlustraciónArte premitirá desfrutar os asistentes dun coidado programa de concertos, teatro, danza, fotografía, gastronomía… en espacios únicos.
IlustraciónArte nace cos principais obxectivos de ofrecer experiencias únicas o publico asistente, promover as marcas Ferrol e Galicia como destinos turísticos de calidade e sumar un novo apoio para conquerir que a cidade sexa declarada Patrimonio Mundial da UNESCO.
As actividades comezarán o vernes 8, no patio interior do centro cultural Torrente Ballester, ás 19.00 horas co espectáculo de Iria Estévez “De Amalia A Chavela”, unha viaxe atlántica coas músicas de Chavela Vargas (Costa Rica) e Amalia Rodríguez (Portugal).
O sábado 9 no Cuartel de Instrucción Militar e na Cortina, no arsenal de Ferrol, a partir das 9.00 horas masterclass de fotografía pictórica de grupos inspirada en cadros clásicos impartida polo fotógrafo Edu Pereira, ten un custe de 60 euros.
Ás 12.30 horas na Sala Cureñas no Castelo de San Felipe pincho ilustrado con Daniel López (O Camiño do Inglés) e unha hora máis tarde concerto de Catuxa Salom.
E pola tarde a partir das 17.00 horas percorrido fotográfico guiado polo Palacio de Capitanía e o Museo da Construcción Naval cun grupo afeccionados.
O domingo 10 no Centro Cultural Torrente Ballester a partir das 12.00 horas Ilustración-Arte Pintura con Blanca Escrigas e Fer Patiño pintando o seu Ferrol da Ilustración. A danza contemporánea virá da man de Cristina Montero na sala exposicións e no patio interior a partir das 12.45 horas e o teatro con Desiré Pillado y Bea García coa súa peza “Estupidez Artificial”, na que tratarán en clave cómica a onde nos está a levar a intelixencia artificial e como nos afecta nas nosas vidas.
As entradas pódense reservar na web www.ilustracionarte.com, a través da plataforma Woutick. Ao reservar as entradas a plataforma de venda fará un cargo de 5 euros por entrada, en concepto de fianza, pero o importe devolverase ao asistir ao concerto, polo que as actividades son gratuítas.
¡¡ Esperamos que disfrutedes de esta primeira edición de IlustraciónArte !!